ANEXO III
Modalidade B: adquisición de equipamento e material inventariable.
Entidade Solicitante: Secretaría da Xuventude do S.N. de CCOO de Galicia.
Número de Socios: 6020
Locais: cedidos
1.- Denominación
a) Equipamento das sedes da Coruña e Lugo.
b) Servidor informático para o contorno WEB da proposta da modalidade C
2.- Fundamentación e obxectivos
a) Desenvolvemento territorial da secretaría. Logo da instalación da sede central e máis da sede de Vigo, no pasado ano, tratase agora de dotar dunha infraestructura estable as sedes da secretaría da Coruña e Lugo co fin de mellorar a atención as persoas mozas, especialmente ás afiliadas a CCOO pero asemade o resto.
b) No proxecto presentado dentro da modalidade C – proxectos de promoción xuvenil – contémplase a realización dunha páxina WEB. Como soporte tecnolóxico da mesma requírese unha serie de equipamento que indicamos neste apartado B por ser equipamento estable.
3.- Equipamento:
a) Equipamento para cada unha das sedes:
· Mesa e silla de traballo e sillas confidente.
· Armario
· Auxiliares: lampaza, papeleira, kit escritorio,…
· Ordenador e impresora multifunción.
b) Equipamento para desenvolvemento e mantemento da web
· Servidor HP ML100. Sistema: ubuntu linux, Apache, MySQL, PHP, CRM Jombla con todos os sistemas a público en galego . O servidor instalarase no CPD de CCOO e dende o mesmo terá a saída a internet.
· Ordenador e impresora multifunción para desenvolver e manter a WEB.
4.- Avaliación:
a) Farase un seguemento sobre as actividades desenvolvidas en cada sede.
b) realizarase un análise continuo dos datos aportados polo sistema CRM e polos log do sistema.
5.- Orzamento
a) Equipamento sedes
· Mobiliario e auxiliares ……………………………….. 650.00 €
· Ordenador e impresora ………………………………… 1.150 €